XOGADE PARA PRIMARIA: LAURA, UXÍA E O BADMINTON


E hoxe 19 de novembro tocounos o turno ás rapazas de 5º e 6º de Primaria que acudimos co profe Benjamín a Cervantes para o XOGADE dos centros da montaña para demostrar as nosas habilidades co badminton e chegamos con trofeo incluído, despois de ter que eliminarnos entre nós en semifinais. O mellor foi compartir un rato cos compis doutros coles e o ben que o pasamos dándolle as raquetas!