OBRADOIRO DE POESÍA COA FUNDACIÓN UXIO NOVONEYRA


O luns 21 de outubro recibimos no centro a cinco poetas dos de verdade. A iniciativa foi da Fundación Uxío Novoneyra que impulsa o proxecto “Ameto mítico” que busca actualizar a poesía trovadoresca galego-portuguesa. Chegados dende diferentes partes do mundo (Cuba, Brasil, Colombia, Arxentina e o Barco) os cinco poetas e poetisas contaron as súas experiencias e sacaron do Museo do Camiño que montaron na nosa aula de 2º de ESO, obxectos representativos das anécdotas máis divertidas que nos quixeron facer chegar xunto cos seus poemas. Ademais foi moi emocionante escoitar os poemas do poeta ao que debemos o nome do noso centro en boca do seu fillo Uxío. Finalizamos a sesión cunha dinámica grupal que nos permitiu escribir poemas en grupo a partir dos versos do noso poeta en “Arrodeos e desvías”; menudas xoias literarias saíron!