RUBÉN DE 5º FINALISTA DO IV CERTAME DESEÑA UNHA XOIA PARA A TÚA NAI

Os alumnos e as alumnas do noso cole participaron no IV Certame Deseña unha xoia para a túa nai organizado polo Colexio Oficial de Xoiaría no que se entregaron 7890 deseños. O 9 de abril foron seleccionados os 80 finalistas e entre eles Rubén Fernández Santín, un dos nosos rapaces de 5º de Educación Primaria quedou seleccionado dentro da categoría C: de 8 a 10 anos e tras un difícil proceso de toma de decisións do xurado. 

O 30 de abril entregáronse as xoias aos 12 gañadores; entre eles non estaba Rubén pero foi agasallado cunha mochila persoalizada co seu debuxo e nome e un diploma de participación. NORABOA RUBÉN!!