FESTIVAL DE NADAL 2018


Este venres 21 poñemos un punto e seguido ao curso cunha xornada de actividades moi diversas e cargadas de música. Empezamos coas cartas para os Reis Magos que cada ano nos recolle o noso carteiro para facerllas chegar puntualmente e que ningún de nós quede sen o seu merecido agasallo.
Continuamos coa sesión de capoeira impartida por Marcio. grazas á iniciativa de Silvia a profe de Educación Física, para os maiores de Primaria e toda a ESO. E continuamos sen descanso coas panxoliñas do Festival. Para finalizar as actividades da mañá o profe Javi preparounos un concurso musical, que xa parece que se está a convertir en tradición: e mentras os maiores pensan e concursan os pequenos e pequenas bailan antes de comer. 

E pola tarde, mentras os maiores teñen sesión de cine os pequenos tivemos a sorte de que Marcio se ofreceu a unha sesión de capoeira. Todo un pracer! Moi ben o pasamos! E tras esta variedade de actividades, volvemos a casa para repoñer forzas nestas vacacións! Vémonos en xaneiro!