FESTIVAL DE ENTROIDO 2013

O venres 8 de Febreiro, despois dun día alterado pola neve no que non puidemos chegar ao colexio gran parte do alumnado, puidemos celebrar o Entroido. Como as condicións metereolóxicas non nos axudaron tivemos que facer algunha modificación e non puidemos baixar ao pobo a facer o desfile e tivemos que facer uso de Pavillón. O tema deste ano foi "Música e grupos musicais", por clases os disfraces elexidos foron:
- Educación Infantil e 1º de Primaria de notas musicais.
- De 2º a 4º de Primaria de rapeiros.
- 3º ciclo de Primaria de heavys.
- 1º e 2º de ESO eleximos o musical de Grease.
- 3º e 4º de ESO dividimos entre Spice Girls para as rapazas e os Beatles para os rapaces.
Despois do desfile cantamos bailamos e degustamos os doces típicos desta festividade.
Curioseade as fotos na NOSA GALERÍA DE IMAXES.