CASAN OS PAXARIÑOS
O 2 de febreiro celébrase "Casan os paxariños". Os alumnos e alumnas de Secundaria elaboraron varios traballos: un manual de cómo namorarse moito e ben, un libro coa palabra amor en varios idiomas e linguas, incluido o braille, unha pequena explicación sobre esta celebración e moitos corazóns para que cada profe e cada neno e nena tivese un para levar todo o día. Podedes ver os traballos na GALERÍA DE IMAXES.