DIA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL

Ao longo de esta semana no CPI Uxío Novoneira celebramos o día da Diversidade Funcional, o luns con ESO e o mércores 5 con Educación Infantil e Primaria. Podedes ver as fotos na GALERÍA DE IMAXES

A nosa intención foi poñernos na pel das persoas con diversidade funcional para comprendelas mellor e entender as súas necesidades, así:

- Desprazámonos en cadeira de rodas esquivando obstáculos.

- Movemonos polo centro e por un circuito sen ver nada cos ollos tapados por un antifaz.

- Pintamos coa boca sen facer uso das mans.

- Recoñecemos letras polo tacto cun antifaz nos ollos.

- Intentamos comprender as mensaxes dos compañeiros e compañeiras lendo os labios, xa que non podiamos escoitar nada porque tiñamos un MP3 con música moi alta nos oídos.

Ademais a clase de 2º a 4º de Educación Primaria contounos un fermoso conto para reflexionar sobre a necesidade de adaptar o entorno para que todos e todas teñamos as posibilidades de facer as mesmas cousas e non que esas persoas sexan as que teñan que adaptarse e superar as súas dificultades.

Queda aquí un enlace ao conto:

POR CATRO ESQUINIÑAS DE NADA