25 de NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A semana do 19 ao 26 de Novembro traballamos nas diferentes aulas o tema da violencia de xénero con motivo do 25 de novembro. Algúns dos nosos traballos podedes velos na galería de imaxes do centro:

ACCESO Á GALERÍA: 25 DE NOVEMBRO

 

 

Na biblioteca do centro podemos ler unha serie de refráns sobre a muller e o acceso á cultura, co título "AS MULLERES QUE LEMOS..." para reflexionar sobre cómo a muller foi afastada e discriminada da formación e do coñecemento. 

Traballamos con diferentes vídeos que quedan a continuación:

SECUNDARIA

- AMORES QUE MATAN: un corto de Icíar Bollaín

- YA NO TENGO MIEDO: campaña do Ministerio de Igualdade

- ¿QUÉ ES LA VIOLENCIA CONTRA LAS MUJERES? HABLA, TU VOZ CUENTA? 

- VIVE O MUERE

PRIMARIA e INFANTIL

- EL MALTRATO SUTIL

- ARTURO E CLEMENTINA

- ROSA CARAMELO

- EL PRÍNCIPE CENICIENTO

 

Dende o Departamento de Orientación tamén se realizaron unha serie de orientacións e suxerencias de lectura agrupadas por idades sobre o tema da igualdade e a discriminación por razón de xénero.

SUXERENCIAS DE LECTURA 25 NOVEMBRO

A nosa Orientadora Rosa tamén proxectou un powerpoint que elaborou para o alumnado de ESO que podedes ver no seguinte enlace:

POWERPOINT 25 DE NOVEMBRO

Como conclusión a todo este traballo podemos resumir en que o CPI Uxío Novoneira di NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO!!