DIA DA PAZ E NON VIOLENCIA 2017
Como cada 30 de xaneiro conmemoramos o día da Paz e da Non Violencia. Este ano o alumnado de Infantil e Primaria preparou un globo cargado de mensaxes de paz que colocamos na entrada do centro para recordar a importancia destes valores cada vez que entramos no centro e compartimos moitos e diversos momentos. En Secundaria enchemos unha das nosas árbores con palabras relacionadas coa paz e a convivencia pacífica formando nas súas pólas un abecedario da paz.