VISITA E CHARLA SOBRE AS MISIÓNS EN CHAD (ÁFRICA)
Na semana da Infancia Misioneira recibimos a visita de Rolando gracias ás profes de Relixión Maricarmen e Marga, que nos falou da súa experiencia como misioneiro en Chad: como se vive alí, todas as relixións que existen alí e como conviven entre elas pacificamente, como é o material escolar e as escolas, o difícil que é poder ter unha educación e todo o valor que ten para eles e elas. Aprendimos moitísimo e sobre todo a importancia de compartir e de axudar aos demais.