DIA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL

 
O día 3 de decembro conmemórase o Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional, e que mellor forma de comprender a gran diversidade de persoas que poñéndonos no seu lugar. Para iso, por momentos deixamos de usar a visión, desprazándonos cos ollos vendados, eso sí con axuda dun guía; non puidemos usar as pernas para encestar, senón que o fixemos dende unha cadeira de rodas; escribimos sen usar as mans, usando os nosos pés; intentamos entender unha mensaxe sen usar o oído, facendo lectura labial; para preparar a nosa tostada de crema de cacao non puidemos usar ambas mans e para xogar ao tenis cambiamos de man dominante, usando na maioría dos casos a zurda, agás o que a usan normalmente. Todo un exercicio de empatía que nos axudou a comprender mellor outras realidades e as barreiras que é preciso tirar para conseguir unha igualdade de oportunidades real.