CLAUSTRO DE PROFESORES E PROFESORAS PARA O CURSO 2014-2015
Este curso o centro conta con 15 profesores e profesoras. En Educación Primaria consérvase o número de mestres e mestras:
- 1 especialista en Educación Infantil que exerce a dirección do centro.
- 1 especialista en Educación Musical e titora de Educación Infantil.
- 1 especialista en Lingua estranxeira- Inglés e titora do 1º ciclo e de 3º de Educación Primaria, ademais da Xefatura de Estudos de Primaria.
- 1 especialista en Educación Física e titor do 4º curso e do 3º ciclo de Educación Primaria.
Ademais da praza da especialista en Relixión Católica que é itinerante.
En canto a Educación Secundaria o profesorado que imparte é o seguinte:
- 1 Profesora de Lingua e Literatura Galega que tamén imparte CUCA en 4º de ESO ademais de ser titora de 3º de ESO.
- 1 Profesor de Matemáticas que imparte tamén o Proxecto Integrado.
- 1 Profesora de Ciencias que imparte Ciencias Naturais, Física e Química e Bioloxía.
- 1 Profesora de Lingua Estranxeira-Inglés que imparte tamén Lingua e LIteratura Castelá en 1º de ESO e a titoría de 2º de ESO.
- 1 Profesor de Ciencias Sociais que imparte tamén Músca e Ética e exerce a Secretaría do centro.
- 1 profesora de Tecnoloxía que imparte tamén Educación para a Cidadanía, Educación Visual e Plástica e Informática.
- 1 Profesora de Lingua Estranxeira-Francés que imparte tamén Lingua e Literatura Castelá en 2º,3º e 4º de ESO así como a titoría de 4º ESO.
- 1 profesora de Relixión, itinerante e encargada da biblioteca.
- 1 profesora de Educación Física que imparte tamén Educación para a Cidadanía, Alternativa á Relixión , ademais da titoría e o proxecto en 1º de ESO
- 1 Orientadora que itinera con CEIP de Seoane e acode ao centro 3 días por semana.
- 1 Mestra de Pedagoxía Terapéutica e Xefa de Estudos de Secundaria.