COMO AXUDAR AOS NOSOS FILLOS E FILLAS NOS ESTUDOS?

Resumo das propostas elaboradas pola Confederación Española de Pais e Nais de Alumnos (CEAPA):



1. Ter unha actitude positiva cara ao colexio, o profesorado e o deberes dos nosos fillos e fillas. Debemos recoñecer o valor dos deberes e a importancia de realizalos cada día.

2. Proporcionar aos nosos fillos e fillas un espazo de estudo fixo (a ser posible no seu cuarto). Ten que ter unha mesa de estudo ampla e unha cadeira cómoda e recta. Boa iluminación e posibilidade de ventilación. A mesa de traballo debe estar ordenada con

 todo o material necesario e cunha estantería cerca para colocar os libros, diccionarios, etc.

3. Potenciar nos nosos fillos e fillas un hábito de estudo diario, establecendo conxuntamente con eles un horario semanal. A ser posible sempre a mesma hora. 
As horas de estudo recomendadas varían coa idade: para os 3 primeiros anos de Primaria entre 30 minutos e unha hora; nos tres últimos anos de Primaria, entre unha hora e unha hora e media e para alumnos e alumnas de secundaria, como mínimo dúas horas.
Se os apuntamos a actividades extraescolares non debemos sobrecargarlles o horario e combinar as que requiren estudo como inglés con outras máis lúdicas como o deporte. É necesario respectar o seu tempo de ocio, necesario para o seu desenvolvemento integral. Ademais, estudarán mellor sabendo que logo terán tempo para o descanso. 

4. Axudalos a organizarse e planificarse: revisar a súa axenda, os exames e traballos, as datas de entrega, etc. Recomendarlles que empecen polo que máis lles guste, continúen co máis difícil e deixen o máis sinxelo para o final.

5. Potenciar a súa responsabilidade e autonomía cos deberes. Teñen que aprender que eles e elas son os responsables dos seus estudos. E se teñen un problema ou dificultade teñen que aprender a atopar solucións por si mesmos/as, a vivir as consecuencias de non entregar algo a tempo, etc. Para iso, cada ano hai que ir deixándoles máis responsabilidades para ir desenvolvendo a súa autonomía.

6. Supervisar e xerar un bo clima de colaboración cos nosos fillos e fillas. Son oportunidades para fortalecer vínculos e para coñecelos mellor e poder identificar as súas virtudes e habilidade e aspectos a mellorar e as súas carencias.

7. Supervisar que os nosos fillos e fillas durman ben. En Primaria recoméndase entre 8 e 10 horas e en secundaria entre 7 e 9 horas. A falta de sono afectará ao seu rendemento, ao seu estado de ánimo e as súas capacidades intelectuais. Ademais, antes de ir ao colexio é importante un bo almorzo e que vaian co material necesario.

8. Desenvolver dende pequenos o afán de aprender novas cousas e a curiosidade natural dos nosos fillos e fillas.

9. Propocionarlles un ambiente onde o aprendizaxe é un valor:

- Aproveitar as viaxes, as vacacións ou calquera actividade cotiá para convertila nunha experiencia de aprendizaxe.
- Proporcionarlles libros e vídeos educativos, ler o xornal, ver as novas e comentalas, etc.
- Ir ás bibliotecas, museos, lugares históricos cercanos, etc.- Acercarnos ás novas tecnoloxías para aproveitar a motivación cara ás mesmas dos nosos fillos e fillas.

10. Atopar maneiras de motivar aos nosos fillos e fillas e entender e coñecer cales son as principais causas que os desmotivan e poder darlles así solución.

11. Reforzar os seus logros e especialmente o seu esforzo ao realizar unha tarefa. 

12. Potenciar a súa motivación cara a lectura. É importante que na casa teñan á súa disponibilidade libros, revistas, xornais, etc.

13. Manter un contacto persoal co titor/a. É importante que emprenguemos a axenda escolar como forma de comunicación, especialmente cando non podemos acudir ao centro.

PASOS CARA ATRÁS

- Comparlos/as con outros nenos/as.
- Facer os seus deberes.
- Non respectar o tempo de ocio.
- Atosigalos cos deberes e presionalos demasiado sen respectar os seus ritmos de traballo.
- Unicamente criticalos polo que fan mal sen reforzar nunca o positivo.
- Reforzar os logros unicamente con premios materiais.