PROXECTO DE 4º DE ESO EN TECNOLOXÍA: CONSTRUCCIÓN DUNHA CASA CON SISTEMA DE ILUMINACIÓN

Uxía, Ana e Miguel na clase de Tecnoloxía coa axuda de Lauren, a Auxiliar de conversa do centro, construíron unha maqueta dunha casa co sistema de iluminación e todo! Quedou tan chulo que Ana, a profe de Tecnoloxía, tivo que explicarlles aos nenos e nenas de Infantil o seu funcionamento.