DÍA DA CHANDELEUR

O pasado día 2 de febreiro foi a Candeloria, “Chandeleur” en francés, e como é típico facer no país veciño, o alumnado de francés de 1º da ESO elaborou crêpes para que degustaran os seus compañeiros e profes. Están feitos uns auténticos chefs, boísimas rapaces, para a próxima máis!! Deixamos imaxes do proceso.