Día Internacional para a eliminación da violencia contra a Muller

Co motivo do día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller, o luns 28 de novembro conmemoramos esta data co visionado dun vídeo que preparamos dende o cole, onde nenos e profesores daban o seu punto de vista sobre varias cuestións como a violencia de xénero ou a igualdade. 

Para isto,  contamos tamén coa axuda dos membros da residencia de maiores, que contestaron ás preguntas que lles plantexamos e nos deron uns agasallos relacionados con esta celebración: pulseiras reivindicativas e calendarios.

Moitas gracias a todos pola colaboración e pronto subiremos o enlace ó video que creamos.