ERASMUS + Viaxe a Portugal do 1 ao 7 de maio

Logo da chegada a Freamunde o domingo disfrutamos da cea e da espectacular Quinta xunto cos colegas italianos. O luns recepción na escola portuguesa xunto co alumnado e profesorado e despois visita a Freamunde e Paços de Ferreira. O martes camiñamos unha etapa do Camiño Portugués da costa dende praia de Áncora a Caminha, logo dun accidentado viaxe no que estivemos 2h parados por un pinchazo do bus, pero marabillosamente amenizado con cancións espontáneas de todo o alumnado. O mércores visitamos Braga e Guimaraes coincidindo coa visita dos respectivos presidentes das repúblicas italiana e portuguesa e coa do rei de España, toda unha casualidade! Os nosos colegas italianos conseguiron intercambiar unhas palabras co seu presidente!! Ao día seguinte visitamos Oporto e pola noite dancing na Ruta 66. O venres Congreso Científico no que expuxemos os traballos realizados durante todo o curso e rematamos cunha espectacular cea e gala dos Santiaguiños (a nosa versión dos Óscar). GRAZAS aos nosos colegas portugueses pola espectacular organización e acollida! Estas son algunhas das impresións dos que alí estivemos:

Unha experiencia increíble e inolvidable que deixará pegada nas nosas vidas (Sofía)

Unha experiencia única da que estou moi agradecida e feliz de haber vivido (Laura)

Unha das mellores experiencias da miña vida. Gracias pola implicación do profesorado (Benja)

Experiencia moi enriquecedora, tanto a nivel profesional coma persoal (Nuria)

eeeeeeeeeeeeeeeeeeeeela!!!! (gabriel)