RECOLLIDA ROUPA E CALZADO

O pasado venres tivo lugar a recollida de roupa e calzado usado promovido pola Campaña Solidaria Mariola en colaboración con Proxectos de Global Humanitaria en India.

Na fotografía pódese ver ao representante da Asociación co director do noso centro no momento da entrega.

Moitas grazas pola vosa participación e por poñer o voso gran de area nesta boa causa.