Ti si que eres un bo peixe!

 

Este xoves, 30 de setembro, tivemos un taller chamado “Ti si que es un bo peixe”, para aprender un pouquiño máis sobre o mar e tódolos seus recursos naturais. Dende os pequenos de infantil ata os máis maiores, descubrimos a grande variedade de peixes e outras especies mariñas que existen, as artes de pesca, etc. E tamén o importantes que son na nosa dieta.