The way that joins Europe

Video resumo da semana de actividades levadas a cabo polo Istituto Comprensivo di Cavagliá (Italia), Agrupamento de Escolas D. António Taipa-Freamunde (Portugal) e o CPI Uxío Novoneira na semana do 21 ó 25 de marzo dentro do programa Erasmus+. 

CONMEMORACIÓN DO 8 MARZO COA BANDA DA LOBA

O pasado 11 de marzo celebramos o día internacional da muller, coa gran sorte de poder contar coa colaboración da Banda da Loba. Fixemos unha entrevista por videochamada facendo coincidir ademais esta actividade coa semana da prensa. As preguntas foron encamiñadas a pór en valor a superación de barreiras das mulleres e o sacrificio que supón compaxinar unha carreira musical coa vida laboral.

Entroido 2022

11 Febreiro: Dia Internacional da Muller e da Nena na ciencia

Existe igualdade no mundo da Investigación? Esa é a principal pregunta que se fai Laura de 2º ESO no seu proxecto de investigación deste curso. Para tratar de respondela realizou varias entrevistas a científicas galegas de ámbitos e organismos de investigación diferentes: dende a investigación forestal, os productos mariños, ata as nanopartículas para o deseño de novos fármacos contra o cancro.

A BANDA DA LOBA!!!!!!!! CON NÓS ESTE VENRES 11 DE MARZO

09/03/2022 23:57
Europe/Madrid

O próximo venres teremos a sorte de contar coas integrantes da Banda da Loba (en liña), un quinteto de mulleres que nos achegarán ao mundo da música desde a súa experiencia.

Ademais aproveitaremos para coñecer de primeira man como é o seu destino traballo que xa está a piques de saír ao mercado.

Moitísimas gracias!!!

 

23 Febreiro: Día de Rosalía

Neste día, o alumnado da ESO e máis Xoel de Primaria fixo a lectura e interpretación de diferentes poemas de Rosalía. Ademáis, dende o Obradoiro de Igualdade analizamos a figura de Rosalía como referencia das escritoras galegas e tamén a súa faceta feminista. Amenizamos o acto tocando a Alborada para Rosalía. Formando parte dun chamamento feito a tódolos músicos para dar unha alborada de groria na súa honra. Grazas especialmente a Laura (2º ESO) e a Julián.

RECOLLIDA DE TESTEMUÑAS NA RESIDENCIA E CENTRO DE DÍA MANUEL VILLASOL

24/02/2022 12:53
Europe/Madrid

O pasado martes día 22 o alumnado de Secundaria baixou á residencia de Pedrafita do Cebreiro para recoller testemuñas sobre as diferenzas na vida das mulleres daquela época comparándoas coa época actual. Unha xornada moi agradable rodeados/as dos nosos queridos/as anciáns. Voltaremos pronto. Moitas gracias.

 

Agasallo da Produtora Mialma Producióis

Taller de Alimentación Saudable

O luns tivemos un taller de alimentación saudable por parte de Alba de cruz vermella. Aprendemos sobre os alimentos que debemos meter na nosa dieta e como distribuir as cantidades de xeito adecuado, como facer un menú saudable e tamén falamos dos ideais de beleza nesta sociedade.

Distribuir contido