Bioloxía 3º ESO, Bioloxía 4º ESO, Ciencias da Natureza 1º ESO, Ciencias da Natureza 2º ESO, Educación Física, Física e Química 2ºESO, Física e Química 3º ESO, Física e Química 4º ESO, Francés, Inglés, Lingua Castelá e Literatura, Lingua Galega e Literatura, Matemáticas, Música, Orientación, Plástica, Relixión, Secundaria., Tecnoloxía, Xeografía e Historia

OS GRANDES MESTRES DA PINTURA



O pasado día 16 de marzo deste ano, os alumnos do colexio do Toural visitamos a exposición: Grandes Mestres da Pintura, na cidade de Vigo, co obxectivo de coñecer a colección Zanchi, integrada por pezas excepcionais pertencentes ao Renacemento e ao Barroco italiano, así como por pintura flamenga e holandesa dos séculos XVI e XVII.
Co afán de divulgar a arte na comunidade galega, esta exposición mostra corenta pezas (quince obras, entre táboas e lenzos e dúas esculturas) desta colección suíza, catalogadas polo profesor Didier Bodart.

O BOSQUE E A PONTEVEDRA MONUMENTAL

O pasado día 1 de Febreiro, os alumnos de 1º e 2º de ESO do Toural trasladámonos a Pontevedra para ver a exposición " O Bosque ", na Alameda, onde nos explicaron as diversas funcións que teñen as árbores na Natureza. A escasos metros, atópanse as ruínas de santo Domingo, antigo templo, agora convertido en Museo Arqueolóxico. Logo , visitamos a zona monumental, acompañados por dúas mestras do centro e Dna. Pepi Clavijo, que fixo de guía.
Primeiro pasamos pola Catedral Basílica de Santa María A Maior, onde descubrimos que a patrona de Pontevedra é María de la O e non a Virxe Peregrina, como se cría. Baixando por unha rúa chegamos á Praza das Cinco Rúas, cun interesante cruceiro situado diante da que fora a casa de Valle Inclán. A continuación, pasando polo Liceo Casino, está a Praza do Teucro.
Deseguido, atopámonos coa Praza de Méndez Núñez, presidida pola estatua de bronce de Valle Inclán e a casa na que viviu e morreu o almirante Méndez Núnez. Tamén visitamos a Praza de Abastos, tamén coñecida como Praza do peixe; moi preto, atópase a praza da Pedreira, antiga praza da Herba.

Historia

A saida sera aVigo

historia

Salida de los alumnos de 2º ESO el dia 16 de Marzo

IV Xornadas de Orientación Académica e Profesional do Morrazo

01/03/2011 00:00
03/03/2011 19:15
Etc/GMT

Un ano máis, os Departamento de Orientación dos centros de secundaria do Morrazo, estamos xa a organizar as IV Xornadas de Orientación para o alumnado e as familias dos noso centros. As datas previstas son o 26 e 27 de febreiro de 2014  no Auditorio Municipal de Cangas. O alumnado poderá asistir ás mesas redondas sobre as ensinanzas universitarias, FP e probas de acceso á universidade. En canto teñamos o traballo máis avanzado, seredes puntualmente informados.

THE KIDNEY QUIZ

FIRST, WATCH ONE OF THE VIDEOS BELOW. THEN YOU WILL BE ABLE TO GET A VERY GOOD MARK AT THE QUIZ.


 


http://www.kidney.org/kidneydisease/images/kidney_quiz.swf

Distribuir contido