Primaria., 1º Primaria, 2º Primaria, 3º Primaria, 4º Primaria, 5º Primaria, 6º Primaria, Inglés, Ed. Física, Ed. Plástica, Relixión

Seguridade nas redes sociais

Houbo unha charla con membros da garda civil para falar sobre a seguridade e os perigos nas redes sociais para o alumnado do terceiro ciclo de primaria.

Visita ao teatro e mercado en Pontevedra

En decembro os alumnos e alumnas de primeiro e segundo de primaria realizaron unha visita a Pontevedra onde viron no auditorio de AFUNDACIÓN unha obra de teatro musical.  Logo de merendar foron coñecer o mercado de Pontevedra. Pasárono moi ben!

Premede aquí para ver un vídeo.

 

Iniciación ao bádminton

Un grupo de xogadores de bádminton dun club da Estrada, fixeron unha claase maxistral para intentar conseguir aumentar o número de xogadores deste deporte na nosa comunidade escolar  .

Saída a Naturnova

Realizamos unha saída de quinto e sexto a Vigo, fomos ata a exposición de Naturnova.

 

 

Visita á biblioteca Antonio Odriozola

O alumnado de primeiro e segundo de primaria, o día dous fomos visitar a biblioteca Antonio Odriozola de Pontevedra.

Participamos no contacontos Onde viven os monstros?

Premede aquí para ver un video das nosas actividades.

Programa Xogade

Como noutros cursos, neste tamén participamos no programa Xogade.

O calendario tédelo no ficheiro adxunto.

Se premedes aquí iredes vendo as fotos de todas as competicións que faremos neste curso.

Se premedes aquí veredes de cursos anteriores.

 

 

O NOSO BLOG

Na nosa clase temos un blog de aula chamado Caixa de música, ahí imos poñendo actividades e recursos que traballamos ao longo do curso. Pinchade no título ou na imaxe para entrar.

COCIDO SINFÓNICO, EXPOSICIÓN E OBRADOIRO

O pasado luns dez de novembro, o alumnado de primeiro e segundo curso de primaria, realizou unha saída didáctica.

		    «O cocido sinfónico», en Pontevedra<br />

Primeiro fomos ver a obra de teatro: O cocido sinfónico coa compañía "Los tres tenedores".

Posteriormente fomos á exposición de fotografías premiadas "Fotógrafos da natureza 2014"

e remataron cun obradoiro de follas secas no que deixaron voar a súa imaxinación.

Esperamos que disfrutedes con elas.

As laranxas máis laranxas de todas as laranxas

O alumnado de 1º e 2º de Primaria, o venres 17 de outubro, fomos a ver a representación teatraal "A laranxa máis laranxa de todas as laranxas" baseada na obra homónima de Carlos Casares a cargo do Centro Dramático Galego.

 CDG: <em />As laranxas máis laranxas de todas as laranxas

Distribuir contido