Skip to Content

Misión Biolóxica

O día 23 de novembro fomos á Misión Biolóxica (que se atopa ben cerquiña do colexio, en Salcedo, nada menos) e por un día traballamos case como se fósemos científicos.

Ao chegar xa quedamos impactados coas grandes extensións de terreo que se adican aos cultivos, o precioso xardín  e o gran pazo, modificado por dentro para albergar a máis moderna tecnoloxía e ser, así, o edificio principal.

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 (Preme na foto para ver a galería fotográfica)

Para que a nosa visita fose máis amena organizárona en catro talleres:

-  O primeiro para comprobar a resistencia á seca dalgunhas sementes.

-  O segundo para ver o daño que causaban os talachos (uns pequenos insectos) no millo.

-  No terceiro ensináronnos a conservar sementes, en concreto, as brassicas (estas son as berzas).

-  No cuarto vimos a importancia do nitróxeno na terra para algún cultivos.

 

Ao final da visita, fomos ata o pequeño museo e demos un paseo ao longo do xardín, onde a nosa guía aproveitou para explicarnos a orixe do pazo e da Misión Biolóxica. 

 



CONTRATOS PROGRAMA

.

Plan de consumo da froita

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Guardar

,

PLAN PROXECTA

.

ARCO

.

story | by Dr. Radut