Axudas Libros de Texto para o curso 2019-2020

 

Se comunica as nais e pais do alumnado que vaia cursar Educación Primaria ou ESO no ano académico 2019-2020 no CPI do Toural, que se convocaron axudas para a adquisición de libros de texto, de material escolar e o Fondo de libros da Xunta de Galicia (DOG 20 maio 2019).
 
As familias dispoñen de prazo ata o 21 de xuño de 2019 para presentar as correspondentes solicitudes. 
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Poderá acceder ao fondo solidario de libros de texto o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e dos catro cursos de ESO de centros sostidos con fondos públicos
O alumnado de 1º e 2º de Primaria e de Educación Especial poderá optar ás axudas da Consellería para a adquisición de libros, que varía entre 90 e 170 euros segundo a renda per cápita no primeiro caso; ou de 250 euros para o alumnado de Educación Especial
A maiores establécese un vale de 50 euros para a compra de material escolar, destinado a familias cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros.
 Nota: No caso de presentación electrónica faise unha solicitude por cada alumno/a e no caso de presentación presencial a solicitude é única para todolos fillos/as admitidos no mesmo centro docente.
 
Os enlaces son: 


https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B   (Sede electrónica)

https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ (Aplicación informática)

https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/70810   (Anexos I e II)

http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros  (Convocatoria Diario Oficial de Galicia)

 

Guardar