INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO E CULTURAL

INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO E CULTURAL:" Facendo camiño cara ó diálogo entre culturas "


O proxecto de intercambio de alumnos/as comezou a súa andadura.


Realizarase en colaboración coa Newark Academy de Livingston en New Jersey, cerca de New York ( EE.UU. ) e ten como obxectivo fundamental fomenta-lo uso de idiomas impartidos no centro e desenvolver o coñecemento das súas culturas para así favorecer a aprendizaxe dos nosos alumnos/as.


Como profesoras acompañantes irán Dª. Pilar Lozano, profesora de francés da ESO e Dª. Beatriz Martínez, profesora de inglés da ESO.


Podedes acceder a páxina web da Newark Academy premendo na seguinte ligazón:


http://www.newarka.edu/Default.asp?bhcp=1


Tamén podedes visualizar un video do intercambio do ano pasado premendo aquí


Se queredes ir aprendendo algunhas das diferencias entre o inglés Americano e o Británico visitade:


http://www.mansioningles.com/vocabulario63.htm


Xa sabemos as datas do intercambio. Eles chegarán a Pontevedra o 17 de Xuño e iranse o 2 de Xullo. Nos iremos alí do 3 o 17 de Setembro.


Se queredes xa podedes ir vendo algunhas fotos da "Newark Academy" e dalgunhas das visitas que fixeron a "New York" o curso pasado. Seguramente a maioría delas repetiranse este ano. Podedes atopalas na galería ou ir directamente a elas premendo aquí.


CHEGA O DÍA !


O próximo xoves 17 de Xuño chegan a Vilaboa os compañeiros/as americanos/as cos que imos realizar o intercambio a New Jersey (USA). Estarán polas nosas terras ata o venres 2 de Xullo. Temos preparadas moitas actividades para que poidan coñecer os fermosos rincóns de Galicia e os nosos costumes.


Visitaremos Stª Tegra, Baiona, Santiago, as termas de Outariz, ...


Se queredes coñecer a xenda completa de actividades premede no arquivo adxunto que aparece máis abaixo.


Espero que entre todos fagamos a súa estancia o máis cómoda e interesante posible. Dende aquí, dámoslles a benvida a todos.


BENVIDOS/AS Ó TOURAL!


 


É O NOSO TURNO. O TOURAL INVADE AMÉRICA !


Quince estudantes de Secundaria do C.P.I. Toural , en Vilaboa, visitaron Nueva York na súa segunda experiencia de inmersión lingüística coa Newark Academy de New Jersey, acompañados da profesora coordinadora do programa Beatriz Martínez e dúas profesoras do centro, Pilar Lozano e Beatriz Sampedro. Durante dúas semanas conviviron coas familias norteamericanas e visitaron os lugares máis emblemáticos de Nueva York, como a estatua da Liberdade, Central Park, Nacións Unidas, Wall Street, a ponte de Brooklyn, etc.


Image Hosted by ImageShack.us
AdxuntoTamaño
ACTIVIDADES PONTEVEDRA.doc67 KB