blogue deMaruxa

ROTEIRO 1º E 2º

Para ver as fotos do roteiro que fixeron 1º e 2º de Primaria por Pontevedra pinchade AQUÍ

Os Maios

 Os nenos e nenas de Figueirido cantaron o Maio e trouxeron este tan feituco feito por eles.

Museo de Pontevedra 3º e 4º E.P.

O 25 de abril,  fomos 3º e 4º de primaria de visita ao museo de Pontevedra. Como estamos facendo un proxecto sobre pintoras galegas, visitamos a zona que ten que ver con elas facendo unha actividade na que fomos verdadeiros detectives!

Marta Cabaleiro

O alumnado de infantil e primaria estamos facendo un proxecto en plástica de pintoras galegas. Coñecemos a súa vida e obra, eleximos un cadro por ciclos e facemolo na aula.Traballamos con Mª Antonia Dans, Carmela Taboada, Marta Cabaleiro e agora empezamos Maruxa Mallo. O día 11 de abril visitounos Marta Cabaleiro, facendo un taller co alumnado no cal pintaron un cadro conxuntamente co seu estilo, o puntillismo.

María Canosa

 O venres 20 de abril a escritora María Canosa visitou o noso cole para falarnos dos seus libros: "O día que choveu do revés", lérono os de 1º e 2º de primaria, "Rubicundo" os de 3º e 4º e "Muriel" os de 5º e 6º de primaria. Ademais veu os nosos traballos e firmou un por un. Gustounos moito a súa visita!

Excursión 4º

O alumnado de 3º e 4º de Primaria foi ao teatro Afundacion ver un escpectáculo de música tradicional titulado "Na percura do tesouro", organizado  polos  gaiteiros de Xistra. Gustoulles moito e despois fomos ao parque merendar.

ESCOLAS UNESCO

A primeiro de mes o alumnado de 4º de primaria fomos á xuntanza de escolas Unesco en Pontevedra. Participamos nun concerto inaugural, faláronnos dos traballos feitos nos distintos centros e participamos en obradoiros de música, radio, deporte para a paz...etc.Ao final déronnos un diploma por participar e fixemos foto de grupo.

Saída infantil ao teatro

O luns 5 de febreiro os nenos e nenas de infantil tiveron unha saída didáctica ao teatro. Podedes ver algunha foto pinchando AQUÍ

Samaín 2017

Aquí deixamos un pequeno recopilatorio do que fixeron os especialistas de inglés co alumnado de primaria neste Samaín.

Que medoo!

Distribuir contido