Blogues

Resumo actividades día das letras galegas 2018

Velaquí temos o vídeo preparado sobre as actividades levadas a cabo durante o 15 de maio ata o 28 polos distintos cursos de E.P e Infantil. Entre todos aprendemos información variada sobre María Victoria Moreno homenaxeada este ano no día das letras galegas. 

ROTEIRO 1º E 2º

Para ver as fotos do roteiro que fixeron 1º e 2º de Primaria por Pontevedra pinchade AQUÍ

Os Maios

 Os nenos e nenas de Figueirido cantaron o Maio e trouxeron este tan feituco feito por eles.

Museo de Pontevedra 3º e 4º E.P.

O 25 de abril,  fomos 3º e 4º de primaria de visita ao museo de Pontevedra. Como estamos facendo un proxecto sobre pintoras galegas, visitamos a zona que ten que ver con elas facendo unha actividade na que fomos verdadeiros detectives!

Vídeo do apadriñamento lector!!

Aquí temos o vídeo da actividade lectora realizada o pasado luns 23 de abril co alumnado de infantil e primaria. Caanto lemooos!
 

Marta Cabaleiro

O alumnado de infantil e primaria estamos facendo un proxecto en plástica de pintoras galegas. Coñecemos a súa vida e obra, eleximos un cadro por ciclos e facemolo na aula.Traballamos con Mª Antonia Dans, Carmela Taboada, Marta Cabaleiro e agora empezamos Maruxa Mallo. O día 11 de abril visitounos Marta Cabaleiro, facendo un taller co alumnado no cal pintaron un cadro conxuntamente co seu estilo, o puntillismo.

María Canosa

 O venres 20 de abril a escritora María Canosa visitou o noso cole para falarnos dos seus libros: "O día que choveu do revés", lérono os de 1º e 2º de primaria, "Rubicundo" os de 3º e 4º e "Muriel" os de 5º e 6º de primaria. Ademais veu os nosos traballos e firmou un por un. Gustounos moito a súa visita!

Excursión 4º

O alumnado de 3º e 4º de Primaria foi ao teatro Afundacion ver un escpectáculo de música tradicional titulado "Na percura do tesouro", organizado  polos  gaiteiros de Xistra. Gustoulles moito e despois fomos ao parque merendar.

ESCOLAS UNESCO

A primeiro de mes o alumnado de 4º de primaria fomos á xuntanza de escolas Unesco en Pontevedra. Participamos nun concerto inaugural, faláronnos dos traballos feitos nos distintos centros e participamos en obradoiros de música, radio, deporte para a paz...etc.Ao final déronnos un diploma por participar e fixemos foto de grupo.

Saída infantil ao teatro

O luns 5 de febreiro os nenos e nenas de infantil tiveron unha saída didáctica ao teatro. Podedes ver algunha foto pinchando AQUÍ

Samaín 2017

Aquí deixamos un pequeno recopilatorio do que fixeron os especialistas de inglés co alumnado de primaria neste Samaín.

Que medoo!

SAÍDA DE INFANTIL

O vindeiro venres día 2 de febreiro o alumnado de Educación Infantil visitará as Salinas de Ulló. 

O NOSO BLOG

Na nosa clase temos un blog de aula chamado Caixa de música, ahí imos poñendo actividades e recursos que traballamos ao longo do curso. Pinchade no título ou na imaxe para entrar.

SAMAÍN 2014

Dende animación á lectura propuxemos esta actividade para  celebrar o Samaín. Fixemos un contacontos con historias arrepiantes,e para iso vestimos a bliblioteca con morcegos,pantasmas e cabazas feitas polos nenos/as cos seus familiares. Dende a ESO a infantil,os maiores contaron historias ós pequenos. Pasámolo de medo!

 

MAGOSTO 2012

O venres 9 de novembro, celebramos o Magosto. Divertímonos moito cos xogos populares, escoitamos pezas tradicionais que tocaron os nosos compañeiros , e  sobre todo, comemos castañas...

Preme na imaxe para ver as fotos do Magosto

                                     

 

 

Distribuir contido