Información inicio curso ESO

Mañá día 15 comezan as clases na ESO. O horario será de 9.50 a 14.30 (o xantar de 14:30 a 15:00). Á primeira hora, cada grupo estará coa súa titora e despois terán clase normal, nas que o profesorado irá introducindo a súa materia e o material necesario para o curso.

Non haberá unha reunión coas familias para explicar as normas Covid porque continúan en vigor as do ano pasado, e as reunións ordinarias de grupo terán lugar ao longo do mes de outubro (xa se avisará con tempo).

Feliz comezo de curso.