COMUNICADO DIRIXIDO A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA

Diante da noticia publicada na prensa sobre a presenza de persoas infectadas por COVID-19 no CPI Tino Grandío, queremos, en primeiro lugar, tranquilizar a toda a comunidade educativa, debido a que os afectados NON acudiron ao centro desde fai días.

Unha vez comunicados os positivos á Central de Seguimento de Contactos, informousenos que estes casos NON XENERAN CONTACTOS ESTREITOS, polo que o alumnado pode seguir acudindo con total normalidade e tranquilidade ao Centro, gardando as medidas preventivas xa establecidas.

Reiteramos, unha vez máis, o noso firme compromiso para extremar, máis se cabe, as medidas de prevención, tarefa na que pedimos a máxima colaboración de todos e todas. No caso  das familias, pregámoslles que vixien a aparición de síntomas compatibles coa Covid-19, tanto neles como nos seus fillos e fillas. A tal fin, está a disposición de toda a comunidade educativa un autotest sobre o Covid (Entrar premendo aquí)

Moitas grazas a todos e todas pola vosa colaboración.

Dirección do CPI Tino Grandío