Plan de autoprotección

 

Simulacro.

 

O día 27 de setembro levamos a cabo un simulacro de incendio nas nosas instalacións para o que contamos coa colaboración da Garda Civil, Protección Civil e a empresa MGO de Lugo que nos axudou na elaboración do protocolo. 

 

 

 

Protocolo de actuación ante unha situación de emerxencia

 

  • Ante unha situación da alerta, a persoa que detecta  o suceso, avisa a alguén próximo e intentan paliar a situación.

  • Avisa ao Director, Xefa de Estudos ou Conserxe

  • Unha vez comprobada a veracidade da situación de alarma.

  • O Director, a Xefa de Estudos ou o Xefe de intervención (Conserxe) pulsarán o timbre tres veces de forma prolongada e intermitente.

  • Ante o aviso de emerxencia. Cada profesor/a evacuará o aula / ximnasio/ biblioteca/ laboratorio co grupo de alumnos/as cos que se encontre nese momento, comprobará que non quede ningún alumno/a na clase, ou no servizo. Dirixiranse ao punto de reunión, verificando que no falte ningún alumno.

  • Para evitar a aglomeración, as clases, sairán por orde de proximidade á escaleira. Procurando manter a tranquilidade.  Non permitindo que ninguén retroceda nin que se entreteña a recoller nada …

  • Unha vez no exterior non se permitirá que ninguén acceda ao edificio.

  • O Director avisa ao 112 da situación de emerxencia e comprobará que as portas de acceso estean abertas para que poidan acceder os servizos de emerxencia.

  • O Conserxe, e de non atoparse no centro a Xefa de Estudos, recorrerá todo o edificio comprobando que non quede ninguén no interior do edificio.

  • O Conserxe acudirá ao punto de reunión e preguntará a cada profesor/a si está todo o alumnado ao que lle estaba a impartir docencia. Comprobará que todo o persoal docente e non docente estea no punto de reunión.

  • O Director esperará na porta aos servizos de emerxencia informándoos da situación.

 

  • O punto de reunión no edificio de secundaria establécese nas pistas da entrada no punto máis lonxe do edificio.
  • O punto de reunión nos edificios de educación infantil e primaria queda fixado no lugar máis próximo ao portalón.

Powered by Drupal - Design by artinet