Servizos mínimos - Folga xeral 9 marzo 2017

SERVIZOS MÍNIMOS

FOLGA XERAL DO 9 DE MARZO DE 2017

 

As organizacións Federación de Ensino CC OO (FE CC OO), Federación de Empregados e Empregadas dos Servizos Públicos (FeSP-UGT), STEs-i e CGT comunicaron a convocatoria dunha folga xeral no ámbito do ensino que afectará todas as actividades desempeñadas polos empregados públicos docentes e non docentes das administracións educativas, en todos os niveis educativos, incluíndo a Administración educativa do Estado, as administracións educativas das comunidades autónomas, a Administración local e as universidades. A convocatoria de folga tamén afectará o persoal docente e non docente do ensino privado sostido total ou parcialmente con fondos públicos, en todos os seus niveis educativos. A folga desenvolverase desde as 00.00 horas ás 24.00 horas do día 9 de marzo de 2017

En aplicación da ORDE do 1 de marzo de 2017, pola que se ditan normas que determinan os servizos mínimos durante a folga no ámbito do ensino convocada para o día 9 de marzo de 2017, os servizos mínimos no CPI Santa Lucía de Moraña estarán cubertos por:

- Directora: Silvia Padrón García.

- Subalterna: María del Carmela Mandayo Vázquez.

- Oficial 2º de cociña: Fernando Falcón Sineiro.

- Auxiliar coidador: Jacinto Zurrón Sastre.

 

A dirección

Powered by Drupal - Design by artinet