Skip to Content

Xornada de formación sobre actuación ante emerxencias impartida por bombeiros do parque de bombeiros do Eume

Promovida pola ANPA do CPI San Sadurniño o venres 30 de marzo levouse a cabo unha xornada de formación sobre actuación ante emerxencias impartida por bombeiros do parque de bombeiros do Eume. Os alumnos de infantil e primaria puideron observar no patio dianteiro os equipos de extinción: camións, traxes, mangueiras,... Mentres que os alumnos de 3º e 4º de primaria e os de 2º de ESO recibían charlas adaptadas ao seu nivel.

 

Estas actividades se encadran nun obxectivo máis ambicioso que é o de elaborar o Plan de Autoprotección do centro. Este será supervisado polo persoal do parque de bombeiros do Eume, xa que estamos na súa zona de influencia, e aprobado no Consello Escolar.

Unha vez elaborado e aprobado realizarase un simulacro para comprobar a súa eficacia. As normas xerais quedarán expostas na páxina web do centro e os alumnos recibirán a formación necesaria a través dos titores.



book | by Dr. Radut