Skip to Content

Celebramos o Día da Paz

Imaxe de biblioip

Como neste curso estamos participando no proxecto "Coñecernos para querernos" xunto con outras bibliotecas da comarca, co que pretendemos coñecer a realidade dos campos de refuxiados do Sahara, decidimos que as actividades para conmemorar o Día Mundial da Paz e non violencia estivesen relacionadas con este tema.

Primeiramente, fixemos unha demostración de xogos saharauis. Cada curso participou en dous xogos que foron preparados polo profe de educación física. Aquí tedes un resumo desta actividade.

Logo bailamos todos xuntos a canción "Minga Turi", que é unha canción infantil arxelina composta de palabras inventadas e sonidos divertidos.

Este foi o noso baile:

Para rematar, vimos todos xuntos a curtametraxe "Lalia", que fala da vida nos campamentos de refuxiados. Animámosvos a vela neste enlace:

http://www.youtube.com/watch?v=ni5WDxeA0Js

http://www.youtube.com/watch?v=3Xho5hstj0A



story | by Dr. Radut