DIA DA CIENCIA PARA O PÚBLICO EN XERAL

DIA DA CIENCIA PARA O PÚBLICO EN XERAL

Hoxe domingo fixemos o segundo pase, desta volta para o público en xeral, do noso particular día da ciencia. Nesta ocasión aproveitamos o tirón da Feira da Plantación en San Sadurniño, para facer que se achegasen ata o colexio moitas persoas interesadas no que estamos a facer o centro relacionado coa ciencia, que é bastante. A resposta foi bastante boa e cremos que todos se foron sabendo algo máis de como facer xabón ou biodiesel a partir de aceite usado de cociña, qué datos nos proporciona unha caseta meteorolóxica, como se pode construír unha pila con limóns, como de pode controlar o funcionamento dun robot, curiosidades arredor dos peixes cebra ou como e de que tipo e a vida que nos podemos atopar nos nosos ríos...moito e variado, e que os rapaces expuxeron moi ben. Nos arquivos adxuntos tedes unha mostra gráfica.

Os nosos parabéns a todos os participantes nestas xornadas. O esforzo mereceu a pena.

 

AdxuntoTamaño
biodiesel.JPG635.22 KB
C15 .JPG37.66 KB
meteosansa.JPG43.58 KB
enchendo o depósito.JPG47.73 KB