DÍA DA CIENCIA NO COLEXIO-2ª EDICIÓN

DÍA DA CIENCIA NO COLEXIO-2ª EDICIÓN

Onte día 24 de Abril celebramos no colexio a 2ª edición do día da ciencia. Os nosos parabéns a todos os que o fixeron posible: aos profesores responsables dos distintos talleres polas horas extras de dedicación desinteresada; aos verdadeiros protagonistas: os alumnos encargados de explicar aos seus compañeiros as experiencias científicas, polas ganas e entusiasmo que lle botaron; ao equipo directivo pola magnífica organización do evento e por crer neste tipo de actividades; ao Concello de San Sadurniño polo continua colaboración co colexio que neste caso se plasmou na cesión dun vehículo para probar o biodiesel sintetizado no colexio a partir de aceite usado de cociña; e ao resto da comunidade educativa que participou no evento por avanzar todos nunha mesma liña, unha liña que trate de converter o colexio de San Sadurniño nun sitio onde un estea a gusto participando nese proceso tan complicado pero á vez tan bonito que é educar.

Desta volta tamén queremos agradecer a Manolo Dopico, un auténtico especialista na síntese de biodiesel caseiro, a súa presenza durante boa parte da xornada. Nun dos adxuntos o podedes ver con Lois, o Director. Gustoulle moito ver como isto do biodiesel que el empezou hai xa uns cantos anos, agora o levaron a cabo un grupo de rapaces e rapazas do colexio.

Mención especial merece tamén o noso compañeiro de Educación plástica Manolo Rey, que nos deseñou uns carteis informativos dignos da mellor exposición profesional (quen quere a Mariscal tendo a Manolo...). Comprobádeo vos mesmos na foto que introduce esta noticia.

Tamén podedes abrir os arquivos que se xuntan e teredes un resumo dalgúns momentos dunha xornada intensa pero frutífera, na que, entre outras experiencias, os de infantil nos ensinaron o máxico mundo das cores, os de primaria fixeron curiosos e espectaculares experimentos baseadas na tensión superficial da auga e os de secundaria, tan pronto nos construíron un robot como nos fabricaron biodiesel ou xabón a partir de aceite usado de cociña.

Tampouco faltou a prensa para facerse eco do evento. Aparecen reseñas na Voz de Galicia e no Diario de Ferrol. Aquí tedes un avance:

http://www.diariodeferrol.com/articulo/comarcas/san-sadurnino-los-variados-talleres-cientificos-acaparan-protagonismo-colegio-publico/20140425000019083282.html

AdxuntoTamaño
botando o biodiesel no coche.JPG555.89 KB
PDC explicando a fabricación de xabón.JPG632.2 KB
explicando a fabricación de biodiesel ao grupo.JPG979.8 KB
obradoiro de robótica.JPG914.21 KB
Manolo Dopico e Lois.JPG834.44 KB