Skip to Content

CIRCULAR Nº 14 AVALDIA SECUNDARIA

·         Avaliación de diagnóstico

 

O próximo martes 28 e o xoves 29 de maio desenvolverase no noso centro no nivel de 2º de ESO a avaliación de diagnóstico, segundo as instrucións ditadas pola Consellería de Educación. O obxectivo desta proba é avaliar as competencias matemática, lingüística e de coñecemento e interacción co mundo físico. Os alumnos deberán cubrir uns cuestionarios para avaliar as súas competencias que serán comúns a todos os centros da comunidade autónoma.

Pregamos ás familias colaboración contribuíndo a concienciar aos seu fillos da importancia de cubrir estas probas con seriedade. De xeito que sirvan para avaliar o nivel real do noso alumnado, o que nos servirá para analizar os nosos puntos débiles e fortes e deseñar un plan de mellora.

San Sadurniño, 21 de maio de 2013

A Directora

 



book | by Dr. Radut