Skip to Content

CIRCULAR Nº 9 - ENTROIDO

  • Entroido 

Durante esta semana os alumnos do centro cumpriron os mandados do Meco, anticipando a festa do Entroido que celebraremos este venres.

Mañá xoves celebraremos o entroido no comedor cun cocido e orellas de sobremesa.

Como xa é tradición, todos os cursos dende infantil a secundaria disfrazaranse. O desfile comezará a partir das 12:00, sairemos do colexio cara ó concello, se o tempo o permite

Cómpre agradecer a colaboración da ANPA cunha compañía de animación para os alumnos de infantil e primaria e entregará premios aos mellores disfraces para os alumnos de secundaria.

Os alumnos de 4º de ESO venderán doces de Entroido para sufragar á súa viaxe de estudos.

 

·           Recollida de alumnos o día do festival

Os pais que teñan pensado recoller aos seus fillos despois do festival e non o fagan habitualmente deben enviar unha nota de aviso aos titores.

 

·      Saídas do centro escolar

Segundo recolle o noso Regulamento de Réxime Interno se un alumno usuario do transporte escolar non vai facer uso deste servizo os seus pais deben avisar ao centro e facerse responsables deles.

Detectáronse casos de alumnos que estaban a incumprir esta norma. Para evitar posibles sancións recordade que precisan dunha autorización por escrito dos seus pais.

 

·      Vacacións de Entroido

Por último recordar que o próximo luns 11, martes 12 e mércores 13 non haberá clase.

San Sadurniño, 6 de febreiro de 2013

A Dirección

 



blog | by Dr. Radut