Rexenerando é unha cooperativa sen ánimo de lucro que está a impulsar o Laboratorio de Apoderamento LGBT+, un proxecto de innovación educativa sobre diversidade sexual financiado pola Deputación da Coruña que conta coa colaboración de seis Concellos e centros educativos da comarca de Ferrolterra, Rexenerando convídavos a un obradoiro onde o tema principal será “COMO ACOMPAÑAR A MOCIDADE NA DIVERSIDADE SEXUAL” O obradoiro levarase a cabo na CASA DA CULTURA de SAN SADURNIÑO os días LUNS 4 DE NOVEMBRO E LUNES 11 DE NOVEMBRO en horario de 16:00 a 18:00. Se tes interese en inscribirte, podes facelo a través do seguinte enlace: i.gal/LAB_LGBT_ADULTAS Convidámosvos a seguir esta iniciativa nas nosas redes @laboratorio_lgbt e @rexenerandocoop e a contactar con nós se precisades máis información ou queredes realizar algunha suxestión no correo paola@rexenerando.com ou info@rexenerando.com . Podes atopar máis información no dossier da actividade: i.gal/LAB_LGBT . Moitas grazas