Implantación da xornada lectiva en sesión única de mañá
- Regulada pola ORDE do 29 de maio de 2008 pola que se establece o procedemento para a implantación da xornada lectiva en sesión única de mañá ou mixta nas escolas de educación infantil e primaria, colexios rurais agrupados, centros públicos integrados, centros de educación especil e centros privados concertados.
- Para poder implantala, deben cumprirse os seguintes requisitos:
- Acordo do consello escolar, por maioría dos 3/5 dos seus membros.
- Acordo do claustro, por maioría dos 3/5 dos seus membros.
- Informe favorable do Servizo de Transporte.
- Acordo favorable do 58% do censo das familias. (Para os efectos de establecer o total do censo computarase a nai ou pai ou un dos titores legais do alumnado da etapa en que se pretende cambiar a xornada).
- Plan específico de actividades extraescolares
- Pasos a seguir para a súa implantación:
- Información sobre o plan específico de actividades extraescolares cun mes de antelación ás votacións do sector das familias.
- Posteriormente, votación do claustro e o consello, en sesións extraordinarias.
- No caso de que as votacións de claustro e consello sexan favorables, solicitude de informe favorable ao Servizo de Transporte
- No caso de que o informe sexa favorable, realizarase a votación das familias.
- Informe favorable de Inspección Educativa.
- Envío da solicitude á Consellería.
- Unha vez realizadas as votacións do Claustro de Profesorado e do Consello Escolar do CPI de San Sadurniño, e sendo estas favorables, solicitamos a implantación da xornada lectiva en sesión única de mañá ao Servizo de Transporte.
- No caso de que este informe sexa favorable, procederase á votación por parte das familias do alumnado.
Destacamos a importancia da asistencia das nais, pais ou titores e titoras legais á votación no caso de que esta poida levarse a cabo, e solicitamos a vosa colaboración. Moitas grazas de antemán.
Plan de actividades extraescolares
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Proxecto.pdf | 155.87 KB |