Skip to Content

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021/22: RESERVA DE PRAZA NO CENTRO ADSCRITO

Segundo se contempla na Orde do 18 de decembro do 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo do 2013, que desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos, artigo 10.2 “o alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza, neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https:/ / www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o modelo normalizado que se publica como Anexo I (formulario normalizado ED550A - completable)

No caso de cumprimentar a reserva de praza a través da aplicación “admisionalumnado”, poderán imprimir a solicitude para entregar posteriormente na Secretaría deste centro ou formalizar a mesma na Sede Electrónica con certificado dixital ou Chave 365 (https:/ /sede.xunta.gal/portada) e neste caso xa non é preciso entregar a solicitude na Secretaría  do centro.

Aquelas familias de alumnado de 4º ESO que desexen efectuar a reserva de praza para o vindeiro curso no IES Fernando Esquío (Neda) deberán realizar esa reserva de praza. O prazo de presentación estará comprendido entre o 11 de xaneiro e o 8 de febreiro.

A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo de presentación das solicitudes de admisión.

 

Será necesario solicitar cita previa para realizar os trámites.

 


story | by Dr. Radut