Skip to Content

Programa europeo Robot Dance: viaxes con alumnado.

En datas recentes, alumnado de 4º da ESO viaxou a Cardiff (Gales) e Kuopio (Finlandia) no marco da participación do noso centro no programa europeo “Robot Dance”.

 

A Cardiff viaxaron Iago, Jose Luis, Pablo, acompañados das profesoras Mar Somoza e Teresa. Aló visitaron centros educativos (o Bishop High School e a Universidade de Cardiff) e Techniquest (un museo da tecnoloxía), e participaron en obradoiros de robótica.

 

A Kuopio acudiron Bruno, Catalina e Jorge, acompañados polas profesoras Teresa e Verónica. Ademais de ver algo de neve, visitaron varios centros educativos e a Universidade de Kuopio. Nestas visitas desenvolvéronse diversas actividades relacionadas coa robótica.

 

Pero non todo foi robótica. Tamén houbo tempo para a realización doutro tipo de visitas e de actividades complementarias. No blog “Tecnosansa” poderedes atopar unha presentación que resume as actividades desenvolvidas en Cardiff, así como as páxinas web que elaborou o alumnado participante relatando a súa experiencia.



story | by Dr. Radut