Día do Peón 2019

O pasado martes, seguindo a convocatoria lanzada por Brinquedia Rede Galega do Xogo Tradicional, celebramos o Día do Peón coma xeito de reivindicar e poñer en valor a nosa cultura tradicional.

 

A pesares de contar cun día chuvioso (a actividade loce máis facéndoa no exterior), non nos arredamos e botamos a andar o "plan B" nas instalacións cubertas coas que contamos.

Na actividade participou todo o alumnado de Educación Infantil e de Educación Primaria, así coma parte do da ESO (moitas grazas outra vez ao alumnado de 4º por botar unha man).

E, se unha imaxe vale máis ca mil palabras, canto valerá un vídeo? Facendo clic na seguinte imaxe accederedes ao vídeo que recolle as diferentes actividades e xogos realizados:

E que eses peóns sigan a bailar moito tempo!