Nova viaxe dentro do Robotdance.

Como supoñemos que xa saberedes, o noso centro está a participar nun programa europeo denominado "Robotdance".

Ao longo desta semana, o coordinador no centro deste programa participará en Cardiff (Gales) nas seguintes actividades:

  • Nunha conferencia de alumnas e alumnos.
  • En dúas reunións transnacionais.
  • Na visita a un centro educativo.
  • Na conferencia "Internationalising Education 2019".

Velaí van un par de imaxes das actividades de hoxe: