Actividade de promoción do atletismo en Educación Primaria

Esta semana, baixo a coordinación do profesorado de Educación Física de Educación Primaria, desenvolveuse unha actividade de promoción do atletismo.

Consideramos que esta proposta foi de grande proveito para o alumnado, e non temos máis que palabras de agradecemento para o persoal da "Escola de Atletismo Paula Mayobre" que se encargou da súa posta en práctica.

Facendo clic na seguinte imaxe accederedes ao vídeo-resumo desta actividade: