Actividade de promoción do voleibol nas clases de Educación Física

Esta semana comeza unha actividade de promoción do voleibol en horario lectivo. En colaboración co Club Voleibol Aldebarán, ao longo desta semana o alumnado de Educación Primaria realizará unha sesión de toma de contacto con este deporte durante unha das clases de Educación Física. A vindeira desenvolverase co alumnado da ESO.

Serán tres os xogadores do Aldebarán os encargados de desenvolver a actividade. Parga, un xogador xa case "da casa" e adestrador de categorías inferiores, máis Joan e Isaías, dúas fichaxes recentes para esta tempada.