Deportes náuticos no Encoro de As Forcadas.

O xoves 20 de xuño alumnado de 6º de Primaria e de 1º e 2º da ESO que cursa a materia optativa de Promoción de Estilos de Vida Saudable realizaron unha actividade de toma de contacto con diferentes deportes náuticos.

Así, divididos en tres grupos foron rotando durante media hora por cada unha das seguintes actividades: piragüismo, vela e paddle-surf.

Debido á grande acollida que tivo a actividade, confiamos en darlle continuidade en vindeiros cursos e que se convirta nun fixo na nosa programación.

Facendo clic na seguinte imaxe pódese acceder a unha galería de imaxes: