Participación no evento "Un Mar de Muiñeiras"

O pasado venres, alumnado de 4º e 6º de Educación Primaria, de diferentes cursos de Educación Secundaria e varios docentes deste centro participaron activamente no evento "Un Mar de Muiñeiras" organizado polo CFR (Centro de Formación e Recursos do Profesorado) de Ferrol.

A finalidade deste evento non foi outra que poñer de manifesto que o noso Baile Tradicional é posible traballalo nas etapas de ensino obrigatorias. E non só é posible, senón que forma parte do currículo.

O evento consistiu nunha xuntanza xunto con diferentes centros educativos da comarca de Ferrolterra para bailar conxuntamente unha muiñeira, da cal houbo dúas versións. Así, sumáronse un total de 660 persoas (entre alumnado e profesorado que tamén bailou) para a realización do baile conxunto.

Froito do mesmo, cóntase que mañá ou pasado mañá póidase visualizar un vídeo da actividade. No momento en que o mesmo sexa publicado, poñeremos unha ligazón ao mesmo.

E para ir "abrindo boca", velaí vai a reportaxe emitida no programa "Fun polo aire" da TVG (clic na imaxe para reproducir o vídeo):