EXCURSIÓN FIN DE CURSO DE 4ºESO

Xa están de volta ;-)

Durante toda a semana pasada, do 6 ao 10 de maio os 18 alumnos de 4ºESO e os dous profesores acompañantes, fixeron un percorrido pola xeografía española que os levou a facer, entre unha morea de actividades, unha ruta en bicicleta pola senda do oso en Entrago (Asturias),

 

un fermoso percorrido en barco solar no lago de orixe glaciar máis grande de España, o Lago de Sanabria,

pasar un día moi divertido no parque temático da Warner en San Martín de la Vega (Madrid),

e emocionarse no musical de Billy Elliot.

Foron 5 días intensos onde se puido vvir unha chea de experiencias e onde hai que salientar principalmente o comportamento modélico de todos os alumnos e alumnas da excursión, que sempre nos enche de orgullo ao profesorado alá por onde imos. Parabéns a todos eles.