VISITA Á CEMENTEIRA TUDELA VEGUÍN

Hoxe o alumnado que cursa Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional (CAAP) tivo a oportunidade que visitar as instalacións da cementeira da empresa Tudela Veguín situada no polígono do Río do Pozo, en Narón. Durante hora e media explicáronlles como se leva a cabo todo o proceso de fabricación de cemento a partir do clinker que almacenan dentro dunha espectacular cúpula pechada, como se tritura no seu muíño de bolas e como se almacena nos seus tanques xigantes. Unha empresa punteira no seu sector, con capacidade para producir moito máis incluso do que está a producir e que está á cabeza en sistemas de control de calidade e medio ambientais. Grazas pola amabilidade amosada por todos os traballadores da planta encargados de realizar a visita.