CONTINUAMOS COA PLANTACIÓN DE ÁRBORES

Hoxe correspondeulle ao alumnado de ESO facer a súa achega contra o cambio climático. Unha iniciativa do Concello a apoiada desde o colexio que tivo a súa primeira parte o pasado venres 15 e que continuou hoxe xoves 21,

Ás 12 e media do mediodia todas as clases de secundaria distribuíronse pola avenida de Marqués de Figueroa e comezou a plantar unha árbore co seu letreiro correspondente onde se reflectía un sentimento da clase cara a conservación do medio ambiente. Parabéns a todos pola participación.